O primeiro satélite artificial
Nos anos cincuenta, comezou a tomar corpo a idea de lanzar un satélite artificial ao espazo. As dúas grandes potencias consolidadas despois da 2ª Guerra Mundial, os EE UU e a URSS, foron as que traballaron para facela realidade. No contexto da chamada «guerra fría», quen se adiantou foi a URSS, que en outubro de 1957 anunciou o lanzamento do primeiro satélite artificial da historia: o Spútnik 1 (Spútnik, en ruso, quere dicir «compañeiro de viaxe»).
(O lanzamento do foguete que levaba o Sputnik-1)
(Vídeo informativo sobre o Sputnik. Web Aula24Ciencias)
O Sputnik 1, tal como se conta na novela, emitía un son peculiar, que podemos escoitar nestoutro vídeo:
O primeiro ser vivo no espazo
Un mes despois, a URSS poñía en órbita o Spútnik 2. A novidade é que este segundo satélite levaba dentro un pasaxeiro moi peculiar: a cadela Laika. Con isto pretendíase comprobar se un ser vivo podía sobrevivir en condicións de ingravidez. Laika morreu ás poucas horas de voo, non puido regresar con vida á Terra. A súa imaxe fíxose moi popular e mesmo serviu de tema para cancións coma esta.
E poucos meses despois, en xaneiro de 1958, os EE UU lanzaba o seu primeiro satélite artificial: o Explorer 1. O Spútnik sinalou o comezo da carreira espacial, que se desenvolvería con intensidade durante a década dos sesenta e que culminaría coa chegada á Lúa dos astronautas estadounidenses Armstrong e Aldrin.
Na actualidade, os satélites artificiais xa forman parte da nosa vida cotiá: o mundo das telecomunicacións depende en grande medida deles.
(Neste último vídeo, podemos ver un documental de 1957 sobre o lanzamento do Spútnik 1)