EL
VIAJE
DE
GAGARIN
Blog de la novela
Agustín Fernández Paz

3. Iuri Gagarin: o primeiro cosmonauta


Unha data para a historia

Foi o 12 de abril de 1961.  Ese día, desde o cosmódromo de Baikonur, situado no que na actualidade é Kazaxistán, a nave Vostok 1 iniciaba o que sería o primeiro voo espacial tripulado. No seu interior ía Iuri Gagarin, a primeira persoa en saír ao espazo exterior e realizar unha órbita completa ao redor da Terra. Na terminoloxía soviética, o primeiro cosmonauta.

O proxecto Vostok, o seguinte despois do Spútnik, tiña como obxectivo poñer en órbita naves tripuladas. A primeira foi a de Gagarin; a sexta e última, a de Valentina Tereshkova.

Iuri Gagarin naceu en 1934, nunha familia que formaba parte dunha granxa colectiva. Foi un dos máis de tres mil aspirantes para participar no programa espacial da URSS, dos que foron seleccionados dezaoito. Finalmente, foron el e German Titov (que logo tripularía a Vostok 2) os elixidos para o primeiro voo.

Gagarin finou nun accidente aéreo en marzo de 1968, cando pilotaba un avión MIG. Daquela só tiña 34 anos. Non se souberon as causas reais que provocaron o accidente ata o ano 2013, cando o goberno ruso deu a coñecer o que realmente sucedera.

É moita a documentación que podemos atopar sobre a vida de Gagarin. Dela, selecciono aquí este documental feito pola Canle Historia:

A viaxe de Gagarin

Aínda que visto desde hoxe semelle moi sinxelo, o voo de Gagarin foi un fito non só na carreira espacial, senón na historia da humanidade. Significou un gran éxito para a URSS e tivo unha enorme repercusión mundial. Daquela non se sabía nada dos efectos que a saída ao espazo podía ter nun ser humano. Consciente da súa transcendencia, Gagarin pronunciou unha breve mensaxe antes de se introducir na nave:

Queridos amigos, coñecidos e descoñecidos, os meus queridos compatriotas e toda a humanidade, nos próximos e breves minutos posiblemente unha nave espacial me leve ao distante espazo exterior do universo.
Que podo dicir nestes últimos minutos antes de partir? Toda a miña vida aparece diante de min neste único e fermoso momento. Todo o que fixen e vivín foi para isto.

Velaquí dous valiosos vídeos sobre o voo e a súa repercusión. O primeiro deles está feito en Moscova, no ano 1971, cando aínda existía a URSS. O segundo, está feito na actualidade pola canle de TV Rusia Today.

Hai dous anos, fíxose en Rusia unha película sobre a vida do cosmonauta, Gagarin, o primeiro no espazo. A ela corresponde esta secuencia onde se reproduce o lanzamento do foguete e os primeiros minutos do voo:

O legado de Gagarin

O 12 de abril do ano 2011 celebrouse en todo o mundo «A noite de Iuri«, para conmemorar os cincuenta anos da súa histórica viaxe. Esta celebración, que xa comezara uns anos antes, continúa a producirse cada ano. Ademais, a noticia que desvelaba as causas reais do accidente que causou a súa morte, contribuíu a reavivar o interese pola vida de Gagarin.

Na Rede existe un conxunto de blogs e webs que lle renden homenaxe, a YURIESFERA, onde atoparemos enlaces a todo tipo de documentos,  escritos e audiovisuais, sobre o cosmonauta. O pasado 12 de abril, para celebrar o aniversario do voo, publicaron unha entrada modélica e completísima.

Quero destacar tamén un blog interesantísimo, La pizarra de Yuri, con exhaustivas entradas de carácter científico. Paga moito a pena ler a entrada onde narra a aterraxe de Gagarin. nun lugar case deshabitado, a mil cincocentros quilómetros do cosmódromo de Baikonur.

 

 







18. As sementes da liberdade: 1968


A dimensión histórica do ano 1968

En varias pasaxes da novela, faise referencia a algúns acontecementos que tiveron lugar no ano 1968, «o ano en que se rebelou a mocidade de todo o mundo«.  Nun ensaio de moito interese, o historiador Ricardo Ribera, un español afincado en El Salvador,  escribe o seguinte:

Se existe un ano no século XX que poida significar a síntese do que foi a centuria este é o 1968. Unha serie de feitos que acontecen ese ano resultan de gran importancia. Uns aparecen como resultado de certa acumulación histórica, outros son significativos polas consecuencias que provocarán, outros máis son expresión e síntoma das fondas contradicións que atravesan o século.

Despois, seguindo o que Eric Hobsbawm fixo ao analizar os séculos XIX e XX, amplía un pouco os límites do 1968, collendo algúns acontecementos de finais de 1967 e outros do comezo de 1969.
O listado de eventos mundiais aos que pasa revista ilustra con claridade a importancia dese decisivo 1968 :
maio 68 paris2— A morte do Ché Guevara
— O maio francés
— A primavera de Praga (e o seu esmagamento)
— Auxe e fracaso da «revolución cultural» chinesa
— A guerra do Vietnam (e, dentro dela, a ofensiva do Tet)
— As protestas pola guerra do Vietnam, o movemento hippie e o festival de Woodstock.
— A matanza da Praza de Tlatelolco, en México DF, dez días antes da inauguración dos Xogos Olímpicos.
— A conferencia episcopal de Medellín e a teoloxía da liberación.
— A chegada á Lúa
— O nacemento das redes de ordenadores, o inicio do que hoxe é Internet.

A estes feitos habería que engadir outros, como:
— O asasinato de Martin Luther King
— O asasinato de Robert F. Kennedy, candidato demócrata á presidencia dos EE.UU.
— E, xaora, o pasamento de Iuri Gagarin.

Todos os feitos citados tiveron relevancia tamén en España, aínda que moi temperada polo feito de vivirmos nunha ditadura e pola presenza da censura. Pola súa importancia dentro da novela, algúns destes acontecementos merecerán unha entrada de seu (a primavera de Praga, a chegada á Lúa). Velaquí unha achega documental a varios dos citados:

A morte do Ché Guevara

Martin Luther King: a súa figura e o seu asasinato

A matanza da Plaza de Tlatelolco, en México DF

Quen desexe coñecer con meirande fondura os feitos de 1968, incluídos o cinema, a música ou a literatura, poder consultar este magnífico ensaio e este documental da TVE-2, da serie «La noche temática»:

O ano 1968 en Galicia e en España.

Inmunda escoriaCando se fala do maio do 68 en Francia, é interesante engadir que na universidade galega (daquela a de Santiago, a única existente) tamén houbo importantes revoltas estudiantís, que comezaron meses antes que as francesas. Os sucesos daquel ano están moi ben recollidos no libro Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudiantís en Compostela, da autoría de Ricardo Gurriarán.

Tamén houbo protestas nas universidades españolas. E o movemento obreiro, coordinado polas Comisións Obreiras, continuou con folgas na procura de mellores condicións laborais. A visión que desde o Réxime se ofrecía era ben distinta, como podemos ver neste documental da serie «Los años del NO-DO»:

 

 







17. A revista «Triunfo»


(Na foto, algunhas das portadas de «Triunfo», entre elas a do número posterior ao golpe de estado de Pinochet: sobre fondo negro, unha única palabra: CHILE)

No capítulo 13 do libro, que transcorre no ano 1968, podemos ler estas reflexións de Miguel:

Cadrou, ademais, que os últimos meses de clase coincidiron coas revoltas de maio en París, sobre as que lía entusiasmado as crónicas que se publicaban en Triunfo, unha revista que descubrira algúns meses atrás e que, semana a semana, devoraba coa ansia dun converso. Triunfo foi a canle que me levou a ver o mundo como unha casa común onde nada do que sucedía me era alleo; nas súas páxinas aprendín a encaixar os feitos que só eran inconexos na aparencia e a intuír as grandes forzas que dominaban a sociedade. Un mundo novo parecía querer agromar ao meu redor.

Portada Triunfo (4B)Algo semellante lles sucedeu a outros mozos da xeración de Miguel, especialmente se tiñan intereses políticos ou culturais. A revista Triunfo foi un dos referentes imprescindibles durante os anos sesenta e boa parte da década dos setenta. Había outras (Cuadernos para el diálogo, El Ciervo…), mais non tiñan o atractivo de Triunfo: un prezo reducido, unhas portadas magníficas e a garantía de que nas súas páxinas se encontrarían reportaxes e artigos (política, cine, literatura, teatro…) impensables noutras publicacións.

As persoas que escribían en Triunfo facíano con rigor e claridade, Salientaban Eduardo Haro Tecglen e Manuel Vázquez Montalbán, así como o humor de Chumi Chúmez, Luis Carandell e as viñetas feministas de Nuria Pompeia.

Nun artigo de moito interese na web Rebelion.org, explícanse con claridade os obxectivos de Triunfo:

… la revista que en los años 60 y 70, dos décadas cruciales, encarnó las ideas y la cultura de la Portada Triunfo (1B)izquierda de nuestro país y fue símbolo de la resistencia intelectual al franquismo. Dos ideas fundamentales guiaron a la revista a partir de su nueva situación profesional: dirigirse a las mayorías y transitar por senderos culturales para que sus páginas pudieran acoger las grandes corrientes del pensamiento europeo.Triunfo emprendió entonces un camino sin retorno con el firme propósito de atravesar aquella turbia época realizando un periodismo insobornable que restableciera la memoria histórica, arrancada a los españoles por la violenta agresión de los vencedores.

Ao longo dos anos, Triunfo foi secuestrada e multada en diversas ocasións polos gobernos de Franco, como ben se nos lembra nesta páxina. A revista pechou en 1982. Como lemos en Rebelion.org, «la publicación que más había luchado y padecido en España por la libertad y la democracia, desaparecía a manos de la ley del mercado tres meses antes de que la izquierda de entonces llegara con mayoría absoluta al poder

Desde o ano 2006, temos a fortuna de contar na Rede coa edición dixitalizada de Triunfo. Unha alfaia para quen desexe regresar ás décadas dos 60 e 70 en España.