Artigos recentes
31. Índice das entradas do blog
July 30, 201430. Poñéndolle o ramo
July 14, 201429. A carreira espacial e a chegada á Lúa
July 14, 201428. Os libros da novela
July 13, 201427. A oposición ao franquismo
July 11, 2014
(Na foto, de esquerda a dereita, Denny Doherty, Cass Elliot, Michelle Phillips e John Phillips,
o líder do grupo e compositor de moitas das cancións)
No inicio do capítulo 20 da novela, podemos ler isto:
… tamén a min me encantou o agasallo que Francesca me fixo: un single dun grupo que daquela estaba de actualidade, The Mamas & The Papas, con dúas cancións que aínda hoxe escoito de cando en vez: «Monday, Monday» e «California dreamin’». Un anaquiño das utopías da mocidade norteamericana chegábanos a España a través daquela música.
O grupo The Mamas & The Papas foi moi popular na segunda metade dos sesenta, tamén en España. Estaban encadrados no que se deu en chamar o folk-rock, a carón doutros grupos e cantantes que tiñan como centro a cidade de Los Ángeles (The Byrds, Scott McKenzie, The Young Rascals…), onde xa estaban consolidados outros grupos importantes como The Beach Boys. A The Mamas & The Papas asocióuselles co movemento hippie, que naceu por aqueles anos.
Foi un grupo que non durou moito. Gravaron o primeiro disco en 1965 e o derradeiro, en 1968. Logo cada un seguiu a súa carreira en solitario. Mais deixáronnos cancións memorables, como as dúas que se citan na novela e outras como este fermosísimo “Dedicated to the one I love“, onde brilla especialmente a súa mestría nas harmonías vocais.
Velaquí a canción “Monday, Monday”, nunha actuación en directo de The Mamas & The Papas:
Esta é outra versión da mesma canción, gravada en directo no Festival de Monterey (California), en xuño de 1967. Ten a peculiaridade de que, ao primeiro, os membros do grupo vanse presentando ao público.
Neste derradeiro vídeo, The Mamas & The Papas cantan “California Dreamin'”, tamén en directo, en Los Angeles, California (decembro de 1965). A revista Rolling Stones cualificouna como unha das mellores 500 cancións da historia.
Este blog nace para compartir cos lectores unha boa parte da suxestiva documentación que o autor manexou para escribir A viaxe de Gagarin.
Cincuenta anos despois da viaxe de Iuri Gagarin, un home lembra a súa adolescencia na Coruña dos anos sesenta, baixo a ditadura de Franco: os segredos que oculta a súa familia, a obsesión pola aventura espacial e, sobre todo, a apaixonada historia de amor que o marcaría para sempre.
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás linguas máis importantes.