Artigos recentes
31. Índice das entradas do blog
July 30, 201430. Poñéndolle o ramo
July 14, 201429. A carreira espacial e a chegada á Lúa
July 14, 201428. Os libros da novela
July 13, 201427. A oposición ao franquismo
July 11, 2014
(Na imaxe, manifestación de obreiros durante unha folga)
En diversos capítulos da novela hai referencias ao estado de excepción, un termo que pode resultar estraño a calquera lector que non vivise os anos sesenta. O que era está ben explicado neste fragmento do libro La memoria insumisa. Sobre la dictadura de Franco (1999), de Nicolás Sartorius e Javier Alfaya:
Nunha ditadura un estado de excepción constitúe un sarcasmo, xa que ese estado é o habitual na vida do país. Franco utilizou de xeito reiterado este método, en especial nos anos do chamado “tardofranquismo”.
A ditadura, malia a súa gran capacidade represiva, era feble desde o punto de vista político. Chegaba con que unha parte da poboación, polo xeral obreiros ou estudantes, se mobilizara (…) para que ao réxime lle entrase un estraño pánico e se apurase a suspender decontado a aplicación de determinados artigos do Fuero de los Españoles.
(…) O réxime tiña tal medo a calquera mobilización popular que, cando se producía, establecía unha especie de ditadura na ditadura (…) Iso significaba que as forzas de seguridade do Estado gozaban aínda de maior carta branca e podían facer o seu traballo sen controis de ningún tipo.
Os estados de excepción foron numerosos dabondo, como se pode observar neste cadro, tomado de El TOP. La represión de la libertad (1963-1977) de Juan José del Águila:
Este é o período de excepción máis coñecido, pois por vez primeira se estendeu a toda España. Ademais das folgas e protestas que houbera durante 1968, un detonante inmediato foi o asasinato do estudante Enrique Ruano Casanova, que desde o goberno se quixo presentar como un suicidio.
Homenaje a Enrique Ruano a 40 años de su asesinato from Freepresscoop on Vimeo.
Durante os meses que durou houbo numerosas detencións e deportacións. Hai un documental, Deportados 1969, que pode servir de mostra, pois recolle moi ben a deportación de diversos membros das Comisións Obreiras andaluzas.
Este blog nace para compartir cos lectores unha boa parte da suxestiva documentación que o autor manexou para escribir A viaxe de Gagarin.
Cincuenta anos despois da viaxe de Iuri Gagarin, un home lembra a súa adolescencia na Coruña dos anos sesenta, baixo a ditadura de Franco: os segredos que oculta a súa familia, a obsesión pola aventura espacial e, sobre todo, a apaixonada historia de amor que o marcaría para sempre.
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás linguas máis importantes.