Artigos recentes
31. Índice das entradas do blog
July 30, 201430. Poñéndolle o ramo
July 14, 201429. A carreira espacial e a chegada á Lúa
July 14, 201428. Os libros da novela
July 13, 201427. A oposición ao franquismo
July 11, 2014
Este documental do ano 2008 é obra de Albert Solé, fillo do político catalán Jordi Solé Tura, membro do PSUC. Solé Tura, un dos sete políticos que elaboraron o texto da Constitución, foi un dos máis destacados militantes antifranquistas durante os anos da ditadura de Franco. Obrigado a exiliarse a finais da década dos cincuenta, primeiro en París e logo en Bucarest, onde formou parte do equipo que facía posible as emisións de Radio España Independiente, “a Pirenaica”.
Logo dunha intensa vida política, tamén en cargos institucionais (foi Ministro de Cultura), a enfermidade do Alzheimer comezou a manifestárselle no ano 2004. Foi daquela cando o seu fillo decidiu elaborar o documental, unha indagación sobre a vida dos seus pais e, tamén, sobre a súa historia persoal, as súas raíces. A película estreouse no ano 2008. A finais do 2009, Jordi Solé Tura faleceu; tiña 79 anos.
Bucarest. La memoria perdida (Bucarest, la memòria perduda) ademais doutros aspectos referidos á enfermidade do pai e ás relacións do fillo con el e mais coa súa nai, ofrece unha interesantísima visión sobre a vida dunha familia comunista na clandestinidade. E contribúe a coñecer mellor a realidade do que foi Radio España Independiente.
Na miña opinión, paga moito a pena ver este documental. Velaquí o tráiler:
Trailer ‘Bucarest, la memoria perdida’ de Albert Solé from Minimal Films on Vimeo.
A película completa, emitida pola TVE-2, é esta:
BUCAREST LA MEMORIA PERDIDA (fra) from Minimal Films on Vimeo.
Este blog nace para compartir cos lectores unha boa parte da suxestiva documentación que o autor manexou para escribir A viaxe de Gagarin.
Cincuenta anos despois da viaxe de Iuri Gagarin, un home lembra a súa adolescencia na Coruña dos anos sesenta, baixo a ditadura de Franco: os segredos que oculta a súa familia, a obsesión pola aventura espacial e, sobre todo, a apaixonada historia de amor que o marcaría para sempre.
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás linguas máis importantes.